Sobre o Encontro
Traballando cara a un mellor futuro nas aldeas
A través do Encontro Cultural Artealdea, pretendemos louvar as raíces culturais das aldeas cuxo legado histórico non podemos esquecer, desta forma podemos recuperar vellos costumes, Cantos, Danzas e Tradicións Populares para poder devolverlles a importancia de novo e preservalas para as futuras xeracións.
Dentro este marco tamén queremos difundir e compartir outras novas alternativas artísticas e formas diferentes de entender a Arte.
-
Promoción e difusión da Arte e a Cultura nacional e Internacional no ámbito rural galego.
-
Recuperación e Promoción da Tradición e Raíces culturais Galegas.
-
Servir de nexo para o intercambio de ideas e experiencias culturais diversas.
-
Impulso e Desenvolvemento de novas modalidades e tendencias culturais.