top of page
Sobre
Piñeiro de Areas

Situado entre montañas, cunha manchea de habitantes que, se non é polos vehículos e a
televisión, fan a vida como a facían fai 100 anos, sen as preocupacións actuais que nos comen diariamente; onde se te afastas 50 metros da estrada e pechas os ollos, sentes que viaxas a un lugar virxe, onde os únicos ruídos que escoitas son os paxaros, a auga, o aire entre a árbores e sentes o frescor do verde por todos os teus poros.

 

 

Un lugar onde desconectar, perderse, atoparse, percorrer as súas corredoiras e vereas, descubrindo recunchos, costumes, lendas, mitos e embriagándose de natureza.

Entre estas alternativas, podes facer senderismo e descubrir pozas de auga, nas que te fundes coa contorna sen que ninguén sexa testemuña, podes bañarte na praia fluvial, coa túa sombrilla e toalla, ou tirar montaña arriba e ver a paisaxe por encima das nubes, divisando cabalos e xabaríns en liberdade.

 

Todo a tiro de pedra, sen máis gasto que o teu esforzo físico para chegar aos lugares. Contas con rutas de senderismo para todos os gustos, eternos bosques, paisaxes con afluentes e montes que permiten ao protagonista mergullarse na serenidade da súa contorna natural. Non é necesario o uso de filtros nin de photoshop para resaltar as súas paisaxes, e aínda así as fotografías non lle farán xamais xustiza.

A Sierra do Suído, un espazo natural protexido, esta "ao virar a esquina" agardando para rumorear os seus encantos.

Non serás alleo á cultura celta, que se impregnará por onde camiñes. A unha cota de 500 metros e a un paseo desde Piñeiro de Areas, existe unha ermida, a Ermida da Guía, que se asenta sobre un vello castro sen estudar e sen excavar, onde foi atopada unha machada de bronce por un afeccionado á zona. Demostra a antiga existencia dun asentamento humano, e non é de estrañar, pois o montículo presenta unhas características por natureza inexpugnables e unha situación estratéxica sobre o Val do Tea.

A zona está ateigada de restos históricos como as centenarias pontes de Piñeiro e Portafurado, sobre o Río Caraño, a de San Xoán de Mosteiro no Alén ou a Ponte de Fofe sobre o mesmo Río Tea. Corredoiras empedradas do século I agardan que as percorras e que cos teus pasos limpes a rebelde vegetación que se fixo dona do camiño construído polos romanos.

Atoparás os míticos cruceiros, canastros e chozos por onde camiñes, que, de sedguro faránche viaxar no tempo, aquel que seguramente non viviches pero que palpita no teu ser.

No núcleo urbano atoparás todas as labores agro-ganaderas tradicionais, como o pastoreo de vacas, cabras e ovellas e o cultivo de diversas hortalizas. Estas tarefas son o día a día da xente deste lugar, que seguen gañándo a vida a base de esforzo e sacrificio diario por manter en pé o que foi testemuña da súa vida e a dos seus devanceiros.

bottom of page